Saltar ao contido

Digimon Tamers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Digimon Tamers
 Título
デジモンテイマーズ (ja)
Digimon Tamers (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Público obxectivo
 Formato de distribución
 Discografía
 Franquía de medios
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
1 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
31 de marzo de 2002 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   51 Editar o valor en Wikidata
 Formato imaxe
   4:3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0kpjhxg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0295080 Filmaffinity: 700973
Twitter: tamers_BDBOX Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Digimon Tamers (デジモンテイマーズ Dejimon Teimāzu?) é a terceira serie de animación baseada na franquía xaponesa Digimon.

A historia ten lugar inicialmente nun universo alternativo, nun mundo moi semellante á Terra, onde os digimons son só un negocio do entretemento, composto por videoxogos, cartas coleccionábeis, e series de televisión. Un grupo de tres rapaces de 12 anos[1] (10 na versión xaponesa), Takato, Henry e Rika (fans do xogo de cartas) coñecen ós seus propios compañeiros digimon reais, e comezan a loitar contra os outros digimon que cruzan a barreira entre a rede da información e o mundo real. A maioría da acción transcorre no barrio de Shinjuku en Tokyo, Xapón e tamén no Digital World durante un curto período de tempo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Personaxes princiapais

[editar | editar a fonte]
PersonaxeActor de dobraxeDigimonActor de dobraxe
Takato Matsuki
Matsuda Takato (松田 啓人)
Makoto Tsumura (XAP)GuilmonMasako Nozawa (XAP)
Un imaxinativo rapaz que crea el mesmo ó seu compañeiro digimon, e que gradualmente xorde como o líder non oficial do grupo. Imaxinou a Guilmon e deulle a vida despois de descubrir o seu Digivice.
Henry Wong
Li Jianliang/Ri Jenrya (李 健良)
Mayumi YamaguchiTerriermonAoi Tada
Un rapaz medio xaponés, medio chinés, e a voz da razón dentro do grupo. El escolle a Terriermon como compañeiro nun videoxogo.
Rika Nonaka
Makino Ruki (牧野 留姫)
Fumiko OrikasaRenamonYuka Imai
Unha rapaza forte e decidida, campioa do xogo de cartas de Digimon e inicialmente a que máis experiencia ten nas batallas reais Digimon. Escolle a Renamon polo único desexo de ter un compañeiro forte.
Ryo Akiyama
Akiyama Ryō (秋山 リョウ)
Junichi KanemaruCyberdramonIkkei Seta
Un enigmático rapaz que desapareceu no mundo dixital despois de gañarlle a Rika e tomar o primeiro lugar no Torneo de Cartas de Digimon.
Jeri Katou
Katō Juri (加藤樹莉)
Yoko AsadaLeomonHiroaki Hirata
Unha das compañeiras do colexio de Takato. Ten unha pobre relación co seu pai como resultado da morte da súa nai.
Kazu Shioda
Shiota Hirokazu (塩田 博和)
Yukiko TamakiGuardromonYanada Kiyoyuki
Un dos mellores amigos de Takato e Kenta, que xoga a miúdo con eles ó xogo de cartas Digimon. Idolatra a Ryo por ser o campión do xogo.
Kenta Kitagawa
Kitagawa Kenta (北川 健太)
Tōko AoyamaMarineAngemonAi Iwamura
Un dos amigos de Takato e Kazu. El é moito máis resignado e menos dado a falar sen pensar en comparación con Kazu.
Suzie Wong
Li Shaochung/Ri Shiuchon (李 小春)
Ai NaganoLopmonAoi Tada
A irmá máis nova de Henry. Nun principio non sabe que Terriermon é real, e trátao coma se fose un dos seus peluches.
Ai e Mako
Ai (アイ) e Makoto (マコト)
Haruhi Terada & Miwa MatsumotoImpmonHiroki Takahashi
Dous nenos pequenos que coñeceron a Impmon cando este acababa de chegar por primeira vez ó mundo real; a súa experiencia con eles dous xeraron nel o seu desagrado cos seres humanos. Reconcílianse con Impmon preto do fin da tempada.
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]