Dieu et mon droit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lema no escudo de armas real.

Dieu et mon droit (en galego: Deus e o meu dereito) vai ser utilizado xeralmente como o lema da monarquía británica dende que o adoptara Henrique VI a principios do século XV. Atópase tamén no escudo de armas real. O feito de escoller o lema en lingua francesa e non en lingua inglesa débese a que a primeira desprazara ao latín como lingua estendida entre a clase alta da época (Henrique VI falaba francés e foi coroado Rei de Francia e mais de Inglaterra).

A frase supostamente foi utilizada como un contrasinal polo rei Ricardo I no 1198 na Batalla de Girors, cando derrotou aos franceses. O seu significado dábaselle a que Ricardo debeu a súa realeza ao poder de Deus e á súa propia herdanza, non quedando suxeito a poder terreal ningún .