Diego Martínez Santos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 ![]() Avilés, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | investigador ![]() |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela NIKHEF (en) ![]() Universidade Livre de Amesterdão (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Diego Martínez Santos, nado en Avilés en 1982,é un físico e investigador galego. No 2013, gañou o Young Experimental Physicist Prize polos seus traballos no experimento LHCb do LHC, recoñecemento concedido pola Sociedade Europea de Física[1][2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Criado en Foz, estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como investigador posdoutoral no Instituto Nacional de Física Subatómica de Holanda. Desenvolveu o seu traballo de investigación no acelerador de partículas LHC de Xenebra (Suíza), e dirixe un grupo de análise no Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN). Foi o principal responsable dun experimento no acelerador de partículas LHC de Xenebra que analizou as desintegracións dunha partícula chamada mesón Bs, cuxas conclusións cadraban co modelo estándar da Física e a súa explicación do Universo.