Die Kaiserin
Aparencia
Die Kaiserin é unha serie de televisión alemá de 2022 baseada na vida da emperatriz Sissi de Austria. Está protagonizada por Devrim Lingnau no papel da emperatriz e Philip Froissant como Emperador Francisco Xosé. Estreouse en Netflix o 29 de setembro de 2022. Foi a segunda serie de Netflix máis vista en todo o mundo durante dúas semanas, e a sétima en lingua non inglesa máis popular de 2022, con máis de 150 millóns de horas reproducidas. O 8 de novembro de 2022, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada.[1][2][3] Netflix tamén encargou unha novela, The Empress: A Novel, escrita por Gigi Griffis, a cal publicouse dous días antes da estrea en liña da serie.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Devrim Lingnau como Sissi de Austria
- Philip Froissant como Francisco Xosé I de Austria
- Melika Foroutan como Sofía de Baviera, nai do emperador
- Johannes Nussbaum como Maximiliano I de México, irmán do emperador
- Elisa Schlott como Helena de Baviera, irmá máis vella de Sissi
- Jördis Triebel como Ludovica de Baviera, nai de Helena e Sissi
- Almila Bagriacik como Condesa Leontine von Apafi
- Hanna Hilsdorf como Condesa Amalia von Salm-Reifferscheidt
- Runa Greiner como Condesa Charlotte von Stubenberg
- Svenja Jung como Condesa Louise Gundemann
- Andreas Döhler como Maximiliano Xosé de Baviera
- Wiebke Puls como Condesa Sophie Esterházy
- Michael Fuith como Francisco Carlos de Austria
- Felix Nölle como Luís Vítor de Austria
- Martin Butzke como Gustav, príncipe de Vasa
- Alexander Finkenwirth como Alexander von Bach
- Leopold Hornung como Karl Ferdinand von Buol
- Patrick Rapold como Franz Liszt
- August Schmölzer como Joseph Othmar Rauscher
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A New Netflix Series Will Chronicle The Tragic Story of This Austrian Empress". Town and Country. 30 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2022.
- ↑ "Could This Austrian Royal Drama Be the Next The Crown?". Vogue. 29 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2022.
- ↑ "Katrin Gebbe and Florian Cossen preparing The Empress for Netflix". CineEuropa. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2022.