Diastase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A diastase é un enzima de orixe vexetal sintetizado por certas sementes e outras partes das plantas, aínda que se atopa tanto en plantas coma en animais. A diastase hidroliza algúns glícidos de cadea longa coma o amidón, o glicóxeno e a dextrina.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A diastase foi o primeiro enzima descuberto. De feito, o sufixo -ase, de uso común para formar nomes de enzimas, procede da diastase. En 1833, os químicos franceses Anselme Payen e Jean-François Persoz, que traballaban na industria azucreira, extraérona dunha solución de malte e este traballo conduciunos á sospeita de que as substancias similares (enzimas) puideran ter importancia en procesos bioquímicos. O nome diastase procede do grego διάστασις ("separación"), xa que cando a malte remollada para facer cervexa quece, o enzima cataliza a hidrólise incompleta do amidón da cebada en azucres solubles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]