Diario Oficial de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de abril de 2017 ás 12:08 por Moedagalega (conversa | contribucións) (Actualización dunha ligazón externa.)

DOG: Decreto polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (PDF).

O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.

Historia

Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978.[1] En maio de 2011 deixou de editarse a versión en papel, existindo desde entón só a versión dixital.

Notas

  1. Diario Oficial de Galicia. Xunta de Galicia, ed. (01/12/1978). "DOG. Nº 1. Venres, 01 de decembro de 1978". Consultado o 5 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas