Saltar ao contido

Diana Riba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaExcelentísima Señora Editar o valor em Wikidata
Diana Riba

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Diana Riba i Giner Editar o valor em Wikidata
21 de febreiro de 1975 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Eurodeputada

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: España

Datos persoais
ResidenciaSant Cugat del Vallès Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlibreira (2007–2017), activista polos dereitos civís , pedagoga , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRaül Romeva

Páxina webdianariba.cat Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm10330256 Twitter: DianaRibaGiner Editar o valor em Wikidata

Diana Riba i Giner, nada en Barcelona en 1975, é unha pedagoga, activista polos dereitos civís e política catalá. É eurodeputada do Grupo de Os Verdes/Alianza Libre Europea no Parlamento Europeo en representación de Esquerra Republicana de Catalunya.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en pedagoxía na Universidade de Barcelona. Comezou a traballar na Fundación Centro de Iniciativas e Investigación Europeas no Mediterráneo (CIREM). Foi programadora cultural do Fórum Universal das Culturas que se celebrou en Barcelona en 2004. Rexentou a libraría Pati de Llibres de Sant Cugat del Vallès. Foi membro da directiva e tesoureira do Consello Catalán do Libro Infantil e Xuvenil e membro do Gremio de Libreiros de Cataluña. Tamén foi vicepresidenta dos Castellers de Sant Cugat. É fundadora e tesoureira da Asociación Catalá de Dereitos Civís (ACDC).

En 2019 foi candidata número 3 da coalición Agora Repúblicas para as eleccións ao Parlamento Europeo en España,[2] sendo elixida eurodeputada.[3] No Parlamento Europeo, ademais de membro das Comisións de Cultura e Educación, Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior, e Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, é vicepresidenta da Comisión de Investigación encargada de examinar a uso de software espía de vixilancia Pegasus e outros programas equivalentes.[1] Ela mesma é unha das persoas que foron espiadas no caso de ciberespionaxe coñecido como Catalangate.[4] En 2024 volveu presentarse coa candidatura de Agora Repúblicas, desta vez como número 1.[5]

Riba está casada co antigo eurodeputado Raül Romeva.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Diana RIBA i GINER | MEPs". European Parliament. Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  2. Xunta Electoral Central: "Resolución de 29 de abril de 2019, de la Presidencia de la Junta Electoral Central, de proclamación de candidaturas a las elecciones de diputados al Parlamento Europeo convocadas por Real Decreto 206/2019, de 1 de abril, a celebrar el 26 de mayo de 2019" (PDF). Boletín Oficial do Estado 103: 46877. 30 de abril de 2019. ISSN 0212-033X. 
  3. Poyatos, Pedro G. (30 de maio de 2019). "Estos son los 54 eurodiputados españoles en Bruselas". La Razón. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  4. "La llista de totes les persones espiades en el CatalanGate". dBalears. 18 de abril de 2022. Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  5. "Esquerra Republicana valida les llistes per a les europees, amb Diana Riba com a cap de cartell i Tomàs Molina de número 2". Esquerra Republicana de Catalunya. 14 de abril de 2024. Consultado o 27 de abril de 2024. 
  6. Hinojosa, S. (19 de xaneiro de 2019). "Diana Riba, la pedagoga que busca billete a Bruselas". La Vanguardia. Consultado o 9 de marzo de 2019.