Devlet Bahçeli
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1948 Bahçe, Turquía (en) |
| 7 de xullo de 2018 – Lexislatura: 27th Parliament of Turkey (en) Circunscrición electoral: Osmaniye (en) Electo en: Eleição parlamentar na Turquia em 2018 (pt) | |
| Lexislatura: 26th Parliament of Turkey (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Sunnismo |
| Educación | Gazi University (en) |
| Cor dos ollos | Castaño |
| Actividade | |
| Ocupación | político, economista |
| Empregador | Gazi University (en) |
| Partido político | Partido de Ação Nacionalista (pt) |
| Sitio web | devletbahceli.com.tr |

Devlet Bahçeli, nado en Bahçe o 1 de xaneiro de 1948, é un político turco, presidente do Partido de Acción Nacionalista (MHP) desde o 6 de xullo de 1997.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na provincia de Osmaniye, e alí realizou estudos de primaria e en Istanbul os de secundaria. Estudou económicas en Ancara, doutorándose na Universidade de Gazi, institución da que foi profesor de economía ata 1987.
Carreira política
[editar | editar a fonte]En 1987, Devlet Bahçeli entrou na dirección do Partido Laborista Nacionalista (MÇP), antecesor do Partido de Acción Nacionalista (MHP) establecido o 24 de xaneiro de 1993. Tras a morte o 5 de abril de 1997 do seu fundador e líder, Alparslan Türkeş, converteuse o 6 de xullo de 1997 no segundo presidente do MHP. Elixido parlamentario nas eleccións de 1999 a 2002, Bahçeli serviu como viceprimeiro ministro no goberno de coalición (DSP-ANAP-MHP) de Bülent Ecevit. En 2002 perdeu a súa acta de deputado que recuperou en 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Devlet Bahçeli |