Saltar ao contido

Devilman Crybaby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Devilman Crybaby
デビルマン・クライベイビー
FormatoDrama
Fantasía escura[1]
Desenvolvido porScience Saru
Dirixido porMasaaki Yuasa
Tema de aperturaKensuke Ushio
País de orixe Xapón
Lingua(s)Xaponés
Temporadas1
Episodios10
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Shintaku Yōhei
Kazuko Nagai
Eunyoung Choi
Duración25 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio5 de xaneiro de 2018
Na rede
http://devilman-crybaby.com
IMDB: tt6660498 Filmaffinity: 608192 Rottentomatoes: tv/devilman_crybaby Netlix: 80174974 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Devilman Crybaby (en xaponés: デビルマン・クライベイビー; estilizado como DEVILMAN crybaby) é un anime xaponés baseado no manga de Go Nagai, Devilman. Foi dirixido por Masaaki Yuasa e escrito por Ichirō Ōkouchi, e estreouse o 5 de xaneiro de 2018 a través de Netflix como unha das súas series orixinais.

A serie é unha adaptación máis directa do material fonte que outras adaptacións previas, cubrindo o argumento completo do manga. Porén, fixéronse varias alteracións no argumento, como unha ambientación máis moderna, o engadido de máis personaxes e caracterizacións diferentes.

Na serie, Akira Fudo é informado polo seu mellor amigo, Ryo Asuka, de que unha antiga raza de demos regresou para arrebatarlle o poder sobre o mundo ós humanos. Crendo que o único xeito de derrotar un demo é facerse cos seus poderes, Ryo provoca que Akira fusione o seu corpo co dun demo. Logo diso, Akira transfórmase en Devilman, adquirindo os poderes dun demo mais conservando a súa alma de humano.

  1. "ダークファンタジーまとめ" (en xaponés). Akiba Souken. Consultado o 8 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]