Unha detención é unha medida cautelar de carácter persoal pola que se limita temporal e provisionalmente a unha persoa da súa liberdade, co fin de poñela a disposición xudicial.
Deberá practicarse na forma que menos prexudique á persoa, a súa reputación e patrimonio. En España, tal e como indica o artigo dezasete da Constitución de 1978, "Debe durar o tempo estritamente necesario, máximo setenta e dúas horas" (corenta e oito horas para a policía e vinte e catro horas para que o xuíz ou xuíza autorice a prórroga). Este prazo, por delitos de terrorismo ou de pertenza a bandas armadas, poderá prolongarse corenta e oito horas máis, ata cinco días (cento vinte horas). No caso de estado de excepción e de estado de sitio (especialmente excepción) non poderá exceder de dez días e ten que autorizalo a autoridade gubernativa.
A detención pódena realizar tanto a Autoridade Xudicial, o Ministerio Fiscal, Axentes da Autoridade e incluso particulares.
Fotografía dunha cela en Finlandia.Detención potestativa ou voluntaria: é a que fai un particular (segundo o artigo 490 de Ley Criminal). Calquera persoa pode deter durante un plazo de 24 horas:
A quen intentase cometer un delito no momento de cometelo.
A quen fuxa do establecemento penal.
A quen fuxa do cárcere esperando cumprir condena firme.
A quen fuxa estando detido ou preso.
En busca e captura.
Detención imperativa ou obrigatoria: é a que fai o axente de policía (de acordo co artigo 492 da Ley Criminal). Teñen a obriga de deter:
A calquera do apartado anterior.
A quen fose procesado por delito con pena de prisión menos grave de tres meses a tres anos.
A procesados por delito se os seus antecedentes fan presumir que non comparecerá cando sexa chamado pola Autoridade Xudicial.
Os menores de catorce anos están exentos de responsabilidade penal.
Os menores entre catorce e dezaoito anos serán responsables (pola Ley Orgánica de Responsabilidade Penal de Menores 5/2000, do 12 de xaneiro). A detención a fará preferentemente o persoal non uniformado e os calabozos serán sempre separados dos adultos. Máximo vinte e catro horas e pasa a disposición do Ministerio Fiscal, que dispone doutras vinte e catro horas.
En delitos de terrorismo, segundo a ley, a detención será como a dun adulto (setenta e dúas horas prorrogables por outras corenta e oito horas).
Aforados:
Casos nos que non procede a detención:
O rey (art.56.3 da Constitución española).
Defensor do Pobo: ten inviolabilidade absoluta polas opinións no exercicio das súas competencias.
Deputados e Senadores: inviolabilidade por opinións manifestadas.
Xefe de Estado, Xefe de Goberno e Ministro de Asuntos Exteriores do Estado Estranxeiro: inviolables cando se encontren en territorio español durante o período de duración do mandato.
Detención con formalidades especiais:
Xuíces, Maxistrados, Ministerio Fiscal: para a súa detención, salvo flagrante delito, necesítase orden do Xuíz competente.
Autoridades e funcionarios.
Militares: pódense deter, salvo que estean prestando servizo de armas ou outra función militar, momento en que só poderá ser detenido polos seus superiores.
Detención por delito leve: como norma xeral non é posible salvo que o presunto reo non tivese domicilio coñecido e non dera fianza bastante á autoridade.