Detención

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Unha detención é unha medida cautelar de carácter persoal pola que se limita temporal e provisionalmente a unha persoa da súa liberdade, co fin de poñela a disposición xudicial.

Características[editar | editar a fonte]

Deberá practicarse na forma que menos prexudique á persoa, a súa reputación e patrimonio. En España, tal e como indica o artigo dezasete da Constitución de 1978, "Debe durar o tempo estritamente necesario, máximo setenta e dúas horas" (corenta e oito horas para a policía e vinte e catro horas para que o xuíz ou xuíza autorice a prórroga). Este prazo, por delitos de terrorismo ou de pertenza a bandas armadas, poderá prolongarse corenta e oito horas máis, ata cinco días (cento vinte horas). No caso de estado de excepción e de estado de sitio (especialmente excepción) non poderá exceder de dez días e ten que autorizalo a autoridade gubernativa.

A detención pódena realizar tanto a Autoridade Xudicial, o Ministerio Fiscal, Axentes da Autoridade e incluso particulares.

Tipos de detención[editar | editar a fonte]

  • Detención potestativa ou voluntaria: é a que fai un particular (segundo o artigo 490 de Ley Criminal). Calquera persoa pode deter durante un plazo de 24 horas:
    • A quen intentase cometer un delito no momento de cometelo.
    • A quen fuxa do establecemento penal.
    • A quen fuxa do cárcere esperando cumprir condena firme.
    • A quen fuxa estando detido ou preso.
    • En busca e captura.
  • Detención imperativa ou obrigatoria: é a que fai o axente de policía (de acordo co artigo 492 da Ley Criminal). Teñen a obriga de deter:
    • A calquera do apartado anterior.
    • A quen fose procesado por delito con pena de prisión menos grave de tres meses a tres anos.
    • A procesados por delito se os seus antecedentes fan presumir que non comparecerá cando sexa chamado pola Autoridade Xudicial.

Detencións especiais[editar | editar a fonte]

  • Os menores de catorce anos están exentos de responsabilidade penal.
  • Os menores entre catorce e dezaoito anos serán responsables (pola Ley Orgánica de Responsabilidade Penal de Menores 5/2000, do 12 de xaneiro). A detención a fará preferentemente o persoal non uniformado e os calabozos serán sempre separados dos adultos. Máximo vinte e catro horas e pasa a disposición do Ministerio Fiscal, que dispone de outras vinte e catro horas.
  • En delitos de terrorismo, segundo a ley, a detención será como a dun adulto (setenta e dúas horas prorrogables por outras corenta e oito horas).
  • Aforados:
    • Casos nos que non procede a detención:
      • O rey (art.56.3 da Constitución española).
      • Defensor do Pobo: ten inviolabilidade absoluta polas opinións no exercicio das súas competencias.
      • Deputados e Senadores: inviolabilidade por opinións manifestadas.
      • Xefe de Estado, Xefe de Goberno e Ministro de Asuntos Exteriores do Estado Estranxeiro: inviolables cando se encontren en territorio español durante o período de duración do mandato.
    • Detención con formalidades especiais:
      • Xuíces, Maxistrados, Ministerio Fiscal: para a súa detención, salvo flagrante delito, necesítase orden do Xuíz competente.
      • Autoridades e funcionarios.
      • Militares: pódense deter, salvo que estean prestando servizo de armas ou outra función militar, momento en que só poderá ser detenido polos seus superiores.
    • Detención por delito leve: como norma xeral non é posible salvo que o presunto reo non tivese domicilio coñecido e non dera fianza bastante á autoridade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lei Orgánica de Responsabilidade Penal de Menores 5/2000 do 12 de xaneiro.
  • Artigo 492 da Lei Criminal.
  • Artigo 56.3 da Constitución española.
  • Artigo 492 da Lei Criminal.
  • Artigo 17 da Constitución.