Despertar
Despertar | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Foz |
[ editar datos en Wikidata ] |
Despertar foi un periódico editado en Foz en 1936.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Órgano del Comité de Salud Pública Focense, apareceu o 7 de abril de 1936. Despois cambiou o subtítulo por Semanario republicano. Afirmaba que nacía coa intención de renovar a vida política de Foz e quería "redimir a Foz de esclavitudes caciquiles y de la apatía que aquel pone en el ejercicio de sus deberes y derechos cívicos". Creado por un grupo de mozos de Foz, apoiados na figura de Ramón Salgado Toimil, estaba dirixido por Francisco Calvo Jarrín e o seu administrador era S. Vázquez López. Entre os seus colaboradores figuraban Salgado Toimil, Antonio Noriega Varela, Cándido Fanego López e Francisco Maañón Couto. Cesou a súa publicación co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 411–412. ISBN 84-8192-110-6.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Abejón Mendoza, Paloma (2011). "La prensa lucense ante el Estatuto de Autonomía de 1936". Correspondencias & Análisis (en castelán) (1): 327–346. ISSN 2224-235X.