Despensa
Unha despensa[1] é unha estancia fresca onde se almacenan os alimentos antes de utilizalos. As despensas eran correntes en casas antes do uso extensivo do frigorífico.
Unha despensa debe ser:
- Tan fresca como sexa posible
- Próxima ás áreas de preparación de alimentos
- Construída para evitar a entrada de moscas e bechos
- Fácil de manter limpa
- Equipada de andeis apropiados ao alimento que é almacenado.
Xeografía[editar | editar a fonte]
No hemisferio norte, a maioría das casas adoitaban ter a súa despensa e cociña no lado norte ou leste da casa onde recibía menos sol. En Australia e Nova Zelandia as despensas eran colocadas nos lados sur ou oeste da casa pola mesma razón.
Características e historia[editar | editar a fonte]

Moitas despensas teñen pequenas xanelas sen vidro coa abertura cuberta por unha malla fina. Isto permite a circulación libre do aire sen permitir que entren as moscas. Moitas despensas alicatáronse ou se pintaron as paredes para simplificar a limpeza. As despensas máis vellas e especialmente as das casas máis grandes tiñan ganchos no teito para colgar pezas de carne ou de caza. Outras tiñan envases illantes para o xeo, anticipando o desenvolvemento futuro dos refrixeradores. Unha despensa pode conter unha laxa ou un estante de pedra usado para manter o alimento fresco nos tempos anteriores á refrixeración.
Nunha casa moderadamente grande do século XIX, todos estes cuartos púñanse tan abaixo no edificio como fose posible e conveniente para utilizar a masa da terra para conservalos a baixa temperatura durante o verán.
Moi poucas casas modernas teñen despensas no sentido antigo chamándose así agora aos andeis ou cuartos pequenos situados normalmente xunto á cociña, onde se gardan as bebidas e alimentos envasados.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Despensa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Despensa |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pond, Catherine Seiberling (2007). The Pantry: Its History and Modern Uses. Salt Lake City: Gibbs Smith. ISBN 1-4236-0004-5., (en inglés).