A Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal é un texto do ilustrado coruñés José Cornide Saavedra, redactado en 1764.
No documento, Cornide describe as principais parroquias da costa galega, desde Ribadeo até A Guarda, e da fronteira con Portugal, desde o río Miño e pola Raia até Manzalvos. Céntrase especialmente en cuestións militares, como a presenza de fortalezas, a capacidade dos portos e o reconto de soldados. O libro estrutúrase en dez capítulos que corresponden a outros tantos partidos militares: Ribadeo, Viveiro, Ferrol, A Coruña, Camariñas, Muros, Pontevedra, río Miño, Raia Seca e Monterrei.
↑Cornide Saavedra, José (1991). Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato Reino de Portugal: hecha en el año de 1764. Ediciós do Castro. ISBN9788474925272.