Descarga (arquivos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación de descargas dende Internet.

Descargar ou baixar arquivos (en inglés: Download) é a acción informática polo cal un arquivo que non está no ordenador dun usuario pasa a estalo mediante unha transferencia de datos cunha rede dende outro ordenador ou calquera aparato electrónico que si o alberga.

Protocolos e métodos[editar | editar a fonte]

A continuación preséntanse os protocolos, a nivel de aplicación do modelo TCP/IP, e métodos ou modelos máis utilizados pola descarga de arquivos por Internet.

Protocolos (a nivel de aplicación)[editar | editar a fonte]

  • HTTP:Protocolo estándar para o intercambio de documentos de hipertexto e multimedia utilizado polos navegadores para visualizar as páxinas web.
  • FTP: Protocolo estándar para intercambiar ficheiros entre ordenadores con calquera sistema operativo.

Métodos[editar | editar a fonte]

Exemplo dunha rede P2P
  • Cliente - Servidor: O servidor ofrece uns recursos (neste caso, arquivos informáticos) os cales o cliente require.
  • P2P (peer-to-peer): É un sistema de comunicación por Internet que non ten clientes nin servidores fixos, senón unha serie de nodos que se comportan ao mesmo tempo como clientes e como servidores dos outros nodos da rede.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]