Dereito informático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O dereito informático, ten sido analizado dende diversas perspectivas. Por unha parte o Dereito Informático defínese como un conxunto de principios e normas que regulan os efectos xurídicos nacidos da interrelación entre o Dereito e a informática. Por outro lado hai definicións que establecen que é unha rama do dereito especializada no tema da informática, os seus usos, e as súas aplicacións e as súas implicacións legais.

Entre os temas dos que se ocupa o dereito informático poderiamos indicar os seguintes:

  • Sinatura electrónica.
  • Protección de datos persoais.
  • Propiedade intelectual.
  • Diñeiro electrónico.
  • Notificación por Internet.
  • Protección xurídica do software.
  • Nomes de dominio.
  • Delitos informáticos.
  • Comercio electrónico.
  • Teletraballo.
  • Propiedade industrial.
  • Censura en Internet.
  • Telecomunicacións.
  • Contratos electrónicos.
  • Documento electrónico e a lei de procedemento administrativo.