Deolinda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deolinda ao vivo em Monchique.JPG

Deolinda é un grupo de música popular portuguesa (MPP), inspirado no fado e nas súas orixes tradicionais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O proxecto musical xurdiu en 2006, cando os irmáns Pedro da Silva Martins e Luís José Martins (ex-Bicho de 7 Cabeças) convidaron a súa curmá, Ana Bacalhau, entón vocalista dos Lupanar, para cantar catro cancións que escribiran. Entón, decatáronse de que a voz de Ana se adecuaba á perfección ás rimas e melodías que crearan, e convidaron tamén a José Pedro Leitão, contrabaixista dos Lupanar (actual marido de Ana Bacalhau), para se xuntar a eles tres, nacendo así os Deolinda.

O tema "Contado Ninguém Acredita" foi incluído na compilación Novos Talentos de 2007, lanzado por FNAC.

O 21 de abril de 2008 [1], lanzaron o primeiro disco, Canção ao Lado. Desde entón, a finais de outubro de 2008, chegaron á súa posición máis alta, o 3º lugar do Top Oficial da AFP,[2] a táboa semanal dos 30 álbums máis vendidos en Portugal.

En outubro de 2008 [3], o disco Canção ao Lado acadou o "disco de ouro". En decembro de 2008 [1], acadou o "disco de platino".[4] Durante o ano 2009, o disco "canção ao lado" acadou o galardón de dobre-platino, correspondente á venda de máis de 40 mil unidades.[5]

O 2 de marzo de 2009, a editora World Connection lanzou o disco Canção ao Lado ao mercado europeo. En abril de 2009, entrou directamente no 8º lugar da táboa de vendas discográficas World Music Charts Europe[6] e en maio subiu ao 4º lugar desa mesma táboa.

En abril de 2009, o grupo iniciou a súa primeira xira europea.[7] Actuaron en diversos países, entre eles os Países Baixos, Alemaña e Suíza, regresando a Portugal para diversos concertos en cidades como Porto, Braga e Barcelos.[8]

O álbum Canção ao Lado ficou en 10ª lugar nas preferencias dos ouvintes da radio Antena 3, nunha votación levada a cabo por esta estación en abril de 2009, na cal se preguntaba cal sería o mellor álbum de música portuguesa editado entre 1994 e 2009, tendo como base unha lista de 100 álbums lanzados nese período.[9]

O 23 de abril de 2010 a banda estreou un novo álbum (Dois Selos e Um Carimbo) que tivo como single de presentación "Um Contra o Outro"[10].

O seu segundo álbum, Dois Selos e Um Carimbo, entrou directamente no nº 1 do top de vendas portugués e recibiu o galardón de platino en novembro de 2010.[11].

A canción Parva que Sou, estreada nos catro concertos feitos nos Coliseos de Lisboa e Porto, en xaneiro de 2011, foi inmediatamente considerada un himno de unha xeración.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Ana Bacalhau (voz) (2006-actualidade)
  • Luís José Martins (guitarra clásica, ukelele, cavaquiño, guitalele, viola braguesa e voz) (2006-actualidade)
  • Pedro da Silva Martins (composición, letrista, guitarra clásica e voz) (2006-actualidade)
  • José Pedro Leitão (contrabaixo e voz) (2006-actualidade)

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • Canção ao Lado (2008) (CD, iPlay / World Connection)
  • Dois Selos e Um Carimbo (2010) (EMI Music Portugal)
  • Mundo Pequenino (2013)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Novos Talentos (2007) co tema "Contado Ninguém Acredita"
  • Feitiço de Amor - Banda Sonora (2008) co tema "Fado Toninho"
  • Fado Sempre! Ontem, Hoje e Amanhã! (2008) co tema "Fado Toninho"
  • Elas, as Melhores Vozes Femininas Portuguesas (2009) co tema "Clandestino"
  • Beginners Guide To Fado (2010) co tema "Clandestino"

Premios[editar | editar a fonte]

En 2009, venceron na categoría de "Mellor Revelación do Ano" da XIV Gala dos Globos de Ouro portugueses o día 17 de maio.

Na mesma gala tamén estaban nomeados na categoría de "Mellor Grupo" (como un dos catro mellores grupos portugueses con discos lanzados en 2008).

"Canção ao Lado", o primeiro álbum dos Deolinda, foi considerado polo "Sunday Times" o terceiro mellor disco do ano de World Music.

"Ana Bacalhau e os seus compañeiros mesturan o sentimento do fado coa sensibilidade do pop, cos ollos postos no cotián lisboeta. As cancións son belísimas", pode lerse na edición do 6 de decembro da publicación británica.

Os Deolinda sairon nomeados como unha das revelacións do ano na revista Songlines[12]

Gañaron o premio "Best Newcomer", atribuído pola prestixiosa revista inglesa Songlines, en abril de 2010.

Tamén en 2010, o seu segundo álbum, "Dois Selos e Um Carimbo" foi considerado un dos 10 mellores álbums de World Music, polo Sunday Times e o Miami Herald aconsellouno como unha das 10 mellores compras da música latina.

O seu concerto em Nova Iork recibiu unha crítica positiva no prestixioso "Huffington Post".

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Deolinda (Portugal) e Lura (Cabo Verde) entram directamente para Top20 da World Music Charts Europe Acesso a 12 de Junho de 2010
  2. Associação Fonográfica Portuguesa [1] Acesso 19 de Maio de 2009
  3. Deolinda esgotam Aula Magna Acesso em 12 de Junho de 2010
  4. Associação Fonográfica Portuguesa [2] Acesso 19 de Maio de 2009
  5. [3]
  6. World Music Charts Europe
  7. Notícia in Correio da Manhã
  8. Notícia in Palco Principal
  9. Ant3na: O Melhor Álbum Nacional 1994-2009
  10. Deolinda estreiam Dois Selos e Um Carimbo Acesso em 12 de Junho de 2010
  11. Novo disco dos Deolinda entra directamente para o primeiro lugar do Top Nacional de Vendas Acesso em 12 de Junho de 2010
  12. Disco Digital.pt Deolinda nomeados por revista britânica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]