Demotix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Demotix
Demotix250.png
Fundaciónxaneiro de 2009
Disoluciónxaneiro de 2016
LocalizaciónFlag of the United Kingdom.svg Londres, Reino Unido
Persoas claveTuri Munthe
Jonathan Tepper
IndustriaNoticias e medios de comunicación social
Páxina webwww.demotix.com
editar datos en Wikidata ]

Demotix foi un portal de xornalismo cidadán e unha axencia de fotografía[1]. Outros portais de xornalismo cidadán son por exemplo Wikinews, I-report da CNN e, entre outros, Merinews[2]. O obxectivo era permitir a xornalistas independentes e afeccionados compartir as súas noticias baseadas en fotoxornalismo, sendo por iso un sistema de contidos xerados polos usuarios. Os dereitos de autor deses contidos fotográficos podían ser vendidos aos demais medios de comunicación. O sitio web foi lanzado en xaneiro de 2009 polo CEO Turi Munthe e o COO Jonathan Tepper e estaba baseado en Londres, Reino Unido[3]. O obxectivo do Demotix era "axudar o xornalismo", conectando xornalistas independentes cos medios de comunicación tradicionais.[1]

Demotix foi mercada por Corbis Corporation en novembro de 2012.[4]

O 22 de xaneiro de 2016, tódalas páxinas do sitio web de Demotix foron redirixidas á páxina principal de Corbis Images, onde aparecía un anuncio e algúns FAQs sobre a venda de Corbis Images a Visual China Group. Simultaneamente Visual China Group/Getty anunciaron nos seus sitios web a adquisición de Corbis Images por VCG e o acordo de licenza con Getty.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Demotix - About Us". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2009. Consultado o 27 de agosto de 2009. 
  2. "Merinews". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  3. Online Journalism Blog - The Future of Online Journalism
  4. https://techcrunch.com/2012/11/14/corbis-acquires-crowd-sourced-photo-agency-demotix-after-its-move-into-apps/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]