Saltar ao contido

Demetrio Túpac Yupanqui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDemetrio Túpac Yupanqui
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Cuzco, Perú Editar o valor en Wikidata
Morte3 de maio de 2018 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Lima, Perú Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Maior de San Marcos
Pontifícia Universidade Católica do Peru (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLinguas quechuas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, avogado, escritor, tradutor, filósofo Editar o valor en Wikidata

Limitryu Tupaq Yupanki (en castelán Demetrio Túpac Yupanqui), nado en San Jerónimo, Cuzco, o 22 de decembro de 1923 e finado en Lima o 3 de maio de 2018,[1] foi un profesor de lingua quechua (ou máis preciso o quechua do sur), tradutor de castelán a quechua e xornalista peruano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ós catorce anos ingresou no Seminario de San Antonio Abad de Cuzco, onde estudou teoloxía, humanidades, filosofía, latín e grego; tamén aprendeu a aplicar a lingüística á lingua falada pola súa familia, o quechua. Finalmente, non se ordenou sacerdote. Foi a Lima, onde estudou Filosofía na Pontificia Universidade Católica do Perú, e despois Dereito na Universidade Nacional Maior de San Marcos.[2] Traballou no xornal La Prensa, e comezou a dar clases de quechua. Posteriormente, abriu a súa propia academia, Yachay Wasi. Tamén impartiu clases da lingua nos Estados Unidos.

En novembro de 2005, grazas ó seu traballo, publicouse finalmente a tradución ó quechua do clásico castelán Don Quixote da Mancha co nome Yachay sapa wiraqucha dun Qvixote Manchamantan.[3]

En 2008, a súa obra El curso quechua foi traducida ó ruso por A. Skromnitsky.

  1. Demetrio Túpac Yupanqui: “Si el quechua se aprende de pequeño queda para toda la vida” Arquivado 14-09-2017 en Wayback Machine.. Entrevista, La República, 15 de mayo de 2013
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  3. Agencia EFE (4 de maio de 2018). "Muere a los 94 años Demetrio Túpac Yupanqui, traductor a quechua del Quijote". ABC (Madrid). Consultado o 4 de maio de 2018.