Demanda Química de Osíxeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En química ambiental, a determinación da Demanda Química de Osíxeno (DQO) adoita empregarse para medir a presenza indirecta de compostos orgánicos en auga.

A DQO serve para determinar a cantidade de contaminantes orgánicos que se poden atopar tanto en augas superficiais (como serían as augas de. lagoas, ríos e encoros) ou augas residuais (urbanas ou industriais) facendo da DQO unha media útil para medir a calidade da auga ou o grao de contaminación orgánica que presenta. Adoita expresarse en termos de miligramos por litro (mg/l), o que indica a masa de osíxeno consumido por litro de disolución.

O fundamento da análise da DQO en augas baséase en que prácticamente todos os compostos orgánicos se oxidan a dióxido de carbono cun axente oxidante forte, nun ambiente fortemente ácido (normalmente usando dicromato de potasio como axente oxidante en presenza de ácido sulfúrico). Cómpre sinalar que durante o ensaio o ión amonio que puidera estar presente non reacciona, permanecendo inalterado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lenore S. Clescerl, Arnold E. Greenberg, Andrew D. Eaton. Standard Methods for Examination of Water & Wastewater (20th ed.). Washington, DC: American Public Health Association. ISBN 0-87553-235-7.