Dead Skeletons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dead Skeletons
OrixeReiquiavik, Islandia Islandia
Período2008 - presente
Xénero(s)rock psicodélico, dream pop, space rock
Selo(s) discográfico(s)A Records, Too Pure, Sound of Cobra, Fuzz Club Records, Dead Monk Records
MembrosJón Sæmundur Auðarson
Henrik Björnsson
Ryan Carlson Van Kriedt
Artistas relacionadosSingapore Sling, Sunsplit, Asteroid #4
Páxina webdeadskeletons.com

Dead Skeletons é unha banda de rock psicodélico islandesa formada en Reiquiavik no ano 2008 por Jón Sæmundur Auðarson (Nonni Dead), Henrik Björnsson e Ryan Carlson Van Kriedt.

Historia[editar | editar a fonte]

Dead Skeletons formouse en 2008 cando o líder Jón Sæmundur Auðarson realizou unha exposición no Museo de Arte de Reiquiavik. Necesitaba música para acompañar a instalación polo que Auðarson, Henrik Björnsson (tamén de Singapore Sling) e Ryan Carlson Van Kriedt (ex-Sunsplit, tamén en Asteroid #4) gravaron a canción "Dead Mantra", que se converteu nun éxito no underground conseguíndolles un contrato con A Records, que editou o tema como sinxelo o 26 de novembro de 2010.

O seu álbum de estrea, Dead Magick, foi editado o 11 de novembro de 2011, seguido de tres lanzamentos en 2012: o sinxelo "Om Mani Peme Hung" en xaneiro (a través de Too Pure), o EP (Orð) en setembro (a través de Sound of Cobra) e un sinxelo de dous temas titulado" Buddha-Christ" en decembro (a través de Fuzz Club Records).[1] En novembro de 2013 a banda editou outro sinxelo de dous temas, "Dead Comet", a través do selo Dead Monk Records.

Dead Skeletons foi invitada a actuar no festival All Tomorrow's Parties Iceland en xuño de 2013 en Ásbrú.[2]

Unha influencia importante no espírito da banda é a condición de seropositivo de Auðarson durante moito tempo e o seu resultante medo á morte.[3] The Guardian comentou, "a filosofía de Dead Skeletons baséase nun berro de batalla psicodélico e nunha serie de mantras para inspirar á xente a aceptar a vida e a morte nunha mesma medida".[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Dead Magick 2011 A Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dead Skeletons". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-01-11. 
  2. "Dead Skeletons". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2020-01-11. 
  3. "The Quietus | Features | Escape Velocity | Spiritual Battle Songs: Dead Skeletons Interviewed". The Quietus (en inglés). Consultado o 2020-01-11. 
  4. McGee, Alan (2009-10-28). "Dig it! Anton Newcombe finds his spiritual home at last | Alan McGee". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-01-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]