Dead Can Dance foi unha banda australiana formada en Melbourne en agosto de 1981. Os seus piares foron Lisa Gerrard e Brendan Perry. A banda trasladouse a Londres en maio de 1982 e separouse en 1998, pero reuniuse temporalmente para unha xira mundial en 2005. O seu álbum de 1996Spiritchaser acadou o número 1 na lista Billboard Top World Music Albums Chart.
No 2011 voltaronse formar, editaron o seu disco Anastasia no 2012 e volveron os escenarios, mantendo por agora unha actividade ininterrompida por case que todo o planeta.
O son das súas músicas é atmosférico, recorrendo a melodías medievais, cantos gregorianos, o iso intensivo de sintetizadores e órganos. Alternan momentos moi tranquilos e relaxados con outros con fortes percusións. Parte da súa influencia vén das músicas autoctonas do nordeste da Australia, feita con didgeridoo. Son parte dos precursores do novo movemento das 'músicas do mundo', na que se mestura músicas de diferentes culturas e tempos indiscriminadamente.