Dawn Shaughnessy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDawn Shaughnessy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 2019 Editar o valor em Wikidata (5 anos)
Datos persoais
EducaciónUniversidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIsótopo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata
Premios

Dawn Angela Shaughnessy é unha radioquímica estadounidense e investigadora principal do grupo de elementos pesados do Lawrence Livermore National Laboratory[1] Estivo implicada no descubrimento de cinco elementos superpesados con números atómicos de 114 a 118.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando era nena, Shaughnessy quería ser médica, pero interesouse pola ciencia no instituto.[3][4] En 1993, obtivo a súa licenciatura en Química na Universidade de California en Berkeley.[5] Uniuse ao grupo de Darleane C. Hoffman para os seus estudos de doutoramento, e completou a súa tese sobre a fisión retardada do einstenio na Escola de Química de Berkeley en 2000.[6][7] Gañou un premio de posgrao.[5]

Shaughnessy comezou a traballar con Heino Nitsche no Lawrence Berkeley National Laboratory ao rematar a súa tese en 2000. Como parte dun esforzo do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos para limpar o ambiente de diferentes materiais nocivos, Shaughnessy estudou como interactúa o plutonio cos minerais que conteñen manganeso.[5]

En 2012 o seu grupo recibiu unha bolsa de 5.000 dólares que doou ao departamento de química da Livermore High School.[6] En 2013, foi nomeada líder do grupo experimental de nuclear e radioquímica,[8] e participou en varias campañas para celebrar o Mes da Historia da Muller. En 2014, foi a editora do libro The Chemistry of Superheavy Elements.[2]

Mentres lideraba o grupo de elementos pesados, Shaughnessy asociouse co Instituto Central de Investigación Nuclear, nun equipo que logrou identificar cinco novos elementos superpesados.[9][10][11][12] Os elementos foron confirmados pola Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) en xaneiro de 2016.[13][14] Como foron descubertos no laboratorio de Livermore, Shaughnessy chamou ao elemento 116 Livermorio. O seu traballo recente inclúe a investigación forense nuclear, na que se identifican vestixios de material fisionable, así como produtos e produtos de activación tras unha explosión.[15][16] O seu equipo está intentando automatizar a preparación e detección de mostras, permitíndolles acelerar a súa análise de isótopos.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Scopus preview - Scopus - Author details (Shaughnessy, Dawn A.)" (en inglés). Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Schädel, ed. (2016). The Chemistry of Superheavy Elements (en inglés) (2nd ed.). Springer. ISBN 9783662500170. doi:10.1007/978-3-642-37466-1. 
  3. "Dawn Shaughnessy, Most Creative People 2016 | Fast Company" (en inglés). 
  4. "Hall of Fame" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Superheavy Element Discovery and Chemistry at LLNL | Berkeley Nuclear Engineering" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Meet the Woman Who Just Changed the Periodic Table As You Know It" (en inglés). 
  7. "Dawn Shaughnessy" (en inglés). 
  8. "Women @ Energy: Dawn Shaughnessy" (en inglés). 
  9. "Livermore Lab team discovers six new elements" (en inglés). 
  10. Netburn, Deborah. "It's official: Four super-heavy elements to be added to the periodic table". 
  11. "Lab scientists discover five new nuclei". 
  12. "Dawn Shaughnessy, Most Creative People 2016 | Fast Company" (en inglés). 
  13. "Nuclear detective tracking the last elements". 
  14. "Livermore Lab’s discovery expands chemistry’s periodic table" (en inglés). 4 de xaneiro de 2016. 
  15. "Providing data for nuclear detectives" (en inglés). 3 de marzo de 2015. 
  16. 16,0 16,1 "Providing data for nuclear detectives" (en inglés). 3 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]