David Moldes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Moldes
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

David Moldes é un xornalista galego, licenciado en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e técnico superior en Imaxe e Son.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa labor de xornalista na Axencia EFE realizando crónicas da Liga ASOBAL de balonmán e de fútbol, facendo as crónicas do Celta de Vigo da primeira división e do Pontevedra CF que xogaba na segunda división. Durante a súa traxectoria xornalística tamén pasou pola Radio Galega, La Voz de Galicia e a TVG. En 2016 incorporouse a beIN SPORTS para seguir a actualidade do Celta de Vigo, facendo os comentarios a pé de campo no campo de Balaídos durante as retransmisións televisivas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]