David Mariño Ramos
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de decembro de 1899 Portosín, España |
| Morte | 11 de outubro de 1937 cemiterio de Boisaca, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista |
David Mariño Ramos, nado en Portosín (Porto do Son) o 5 de decembro de 1899 e finado en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1937, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrado nos Estados Unidos, estaba en Filadelfia en 1925. Retornou a Portosín cara 1928. Sindicalista de Goiáns Portosín. Presidente do Sindicato de Pescadores e Oficios Varios da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela foi condenado a pena de morte. Foi executado no Cemiterio de Boisaca o 11 de outubro de 1937 con Gerardo Piñeiro Piñeiro e Ramón Pazos Liñares.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 11-10-1937, p. 2.