David Fernández Dopico
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1910 Sillobre, España |
Morte | 19 de outubro de 1989 (79 anos) Fene, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Lingua | Lingua castelá |
David Fernández Dopico, nado en Sillobre (Fene) o 7 de xuño de 1910 e finado no mesmo concello o 19 de outubro de 1989,[1] foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Oficial de mariña do exército republicano. Exiliouse en Tunisia onde foi internado nun campo de concentración. Pasou despois ao campo de Kenchela (Alxeria) en 1941. Militante do Partido comunista. Retornou a Galicia en 1974.
Afeccionado á fotografía, realizou imaxes da fuxida dos buques de Cartagena ante a ofensiva franquista o 5 de marzo de 1939 cunha frota de 15 buques, despois de sublevarse contra a oficialidade co almirante Miguel Buiza ao mando. Con estas fotografía, o seu fillo montou a exposición A Mariña Republicana. David pertencía ao destrutor Churruca e algunhas das imaxes mostran á tripulación do buque en diferentes zonas e tarefas entre 1934 e 1935.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-10-1989, p. 71.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en exiliados republicanos
- David Fernández Dopico na base de datos do proxecto Nomes e voces.