David Álvarez Carballido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Álvarez Carballido
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor em Wikidata
San Martín de Suarna, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 2017 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

David Álvarez Carballido, nado en San Martín de Suarna (A Fonsagrada) en 1922 e finado no mesmo concello o 1 de febreiro de 2017,[1] foi un reloxeiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fuxiu a Buenos Aires en 1948, onde asistiu ás reunións da Federación de Sociedades Galegas e participou nas actividades dos republicanos contra a ditadura franquista. Foi detido en varias ocasións. Durante a súa estadía en prisión ingresou no Partido Comunista de España en 1952. Regresou a Galicia clandestinamente en 1962. Axudou a constituír células comunistas e estableceu contactos cos enlaces sindicais de fábricas e asteleros. Estableceuse en Vigo e participou na campaña para impedir o fusilamento de Julián Grimau. Foi detido e torturado ata que foi trasladado á prisión de Carabanchel. En 1964 foi condenado a 18 anos de prisión. Ao saír da prisión retornou a Fonsagrada e traballou como reloxeiro. Despois viviu en Lugo e A Coruña, onde seguiu desenvolvendo actividades vinculadas co PCE.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Memorias dun loitador antifranquista. O testemuño do comunista David Álvarez Carballido. Alvarellos. 2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]