Daniel Martínez i Ferrando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Martínez i Ferrando
Nacemento1887
 Valencia
Falecemento1953
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Daniel Martínez i Ferrando, nado en Valencia o 6 de outubro de 1888 e finado en Palma o 8 de xaneiro de 1953, foi un escritor valenciano, irmán dos tamén escritores Eduard Martínez i Ferrando e Jesús Ernest Martínez Ferrando.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da Joventut Valencianista, chegou a ser membro da súa directiva en 1910. Colaborou coas revistas valencianas Terra Valenciana, Pátria Nova e D'Ací i de d'Allà. En 1916 logrou a cátedra de inglés na Escola Profesional de Comercio das Palmas; ao ano seguinte obtivo o traslado a Vigo, e, en 1921 a Palma. . En 1920 ingresou na loxa masónica España Democrática. A súa poesía recibiu unha forte influencia do modernismo catalán, converténdose nun dos renovadores da poesía valenciana [1] fronte á xeración anterior, que tiña como máximo representante a Teodor Llorente. A súa conferencia "Renaixement. Moment actual de la poesia valenciana" lida en Lo Rat Penat en 1909 converteuse nun auténtico manifesto pola renovación da poesía e a a asunción das correntes poéticas modernas que se desenvolvían na época no resto de Europa. Así e todo a súa lírica evolucionou cara a unha poesía máis personal, de carácter simbólica e paixasista. Fóra da novela Las brujas en castelán publicou libros de viaxes e mais un ensaio.

O Tribunal de Responsabilidades Políticas xulgouno ao rematar a Guerra Civil española condenándoo a tres anos de prisión polas súas ideas de esquerda e por pertenza á masonería; pasou nove meses na prisión de Porlier (Madrid) e o resto en Burgos. Unha vez liberado en 1942 volveu a Palma, pero non o readmitiron na súa cátedra ata uns poucos meses antes de morrer.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Escumes (1936), que reuniu a súa obra en catalán:
    • La cançó de l'isolat (1911)
    • Vora la mar del Nord (1915)
    • Visions de l'Horta (1916)
  • Solidaridad y Regionalismo (1908)
  • A través de Galicia (1922, con prólogo en galego de Antón Villar Ponte)[2]
  • Guía sentimental de Mallorca (1925)
  • Las brujas (1925, novela)
  • Ciudades islámicas (1927)
  • Ciudades marroquíes. A través del Magreb (1928)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daniel Martínez i Ferrando Arquivado 19 de abril de 2018 en Wayback Machine. en Memoria Valencianista da Fundación Josep Irla (en catalán).
  2. Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 197. ISBN 978-84-9121-304-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]