Daniel Lago Leirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Lago Leirós
Daniel Lago Leirós 2021.jpg
Nacemento20 de abril de 1979
 Vigo
Alma máterUniversidade Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Daniel Lago Leirós, nado en Vigo o 20 de abril de 1979, é un empresario e político galego, membro do Consello[1] do Partido Demócrata Europeo e Secretario de Organización de Compromiso por Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa actividade política no mundo estudantil onde participou nos Comités Abertos de Faculdade. Posteriormente entraría a formar parte de Esquerda Nacionalista e do BNG ata o ano 2006, ano no que abandona a práctica política. No 2012, tornaría de novo á actividade política sumándose ao proxecto galeguista de Compromiso por Galicia.

Foi cabeza de lista nas Eleccións xerais de abril de 2019 para o Senado pola circunscrición de Pontevedra, obtendo 2.769 votos[2] con Compromiso por Galicia.

Partilla a través de varios medios de comunicación social opinión, xeralmente, sobre temas de análise internacional e xeopolítico.[3][4][5]

É licenciado en Ciencias Políticas, especialidade en relacións internacionais e estudos políticos pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou tamén Estudos Europeos a través dunha bolsa Erasmus na Universidade Moderna de Porto.

Ligado de sempre ao mundo da lusofonía é vice-presidente do Centro Portugués de Vigo[6] axudando nun novo rexurdimento da entidade. Desde o 2021 é membro fundador da Associação Impulsora Casa da Lusofonia[7] que ten por obxectivo a creación da "Casa da Lusofonia" dentro da rede de casas do Ministerio de Asuntos Exteriores.

No mundo da empresa desenvolve o seu negocio na industria aseguradora e na consultoría de internacionalización e aceleración de empresas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (13 de abril de 2019). "Daniel Lago no Congreso do Partod Democrata en Liubliana: “A UE tem que liderar un “green deal” e levar un “plan Marshall” para Africa | Noticias Vigo". Noticias de Vigo (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  2. "Candidaturas presentadas elecciones generales 28A 2019". elecciones.mir.es. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  3. Lago Leirós, Daniel. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 4 de abril de 2021. 
  4. Lago Leirós, Daniel. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 4 de abril de 2021. 
  5. Lago, Daniel. "Daniel Lago". Adiante Galicia (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  6. Méndez, Ó. (27 de agosto de 2018). "El Centro Portugués busca un local en la ciudad para abrir una biblioteca con 3.000 ejemplares". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 5 de abril de 2021. 
  7. Europa Press. "Impulsan la instalación en Ourense de la Casa da Lusofonía Ourense, tras firmar un acuerdo Diputación y asociación". Galiciapress (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]