Dactiloloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A dactiloloxía é a disciplina que estuda os sistemas de comunicación que transmiten información mediante o uso dos dedos da man. A etimoloxía da palabra remóntase ó grego daktilos (dedo) e logía (fala), que vén dicir falar cos dedos. Esta disciplina forma parte da queroloxía, o estudo das linguas signadas coma medio de comunicación, pero úsase tamén cando se dá o caso de linguas non naturais (árbitros deportivos, sinais militares etc.), en cálculo matemático manual etc.

Compárese a diferenza con alfabeto dactilolóxico e lingua de sinais