DS Haus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O DS Haus en 1952

O DS Haus foi un barco de vapor construído en 1914 por Mjellem & Karlsen para Indre Nordhordlandske Dampskibsselskab. O navío tiña 135 toneladas brutas, 101.1 x 19.1 x 9.4 pés con capacidade para 250 pasaxeiros, un pouco máis pequeno có DS Oster da mesma compañía, utilizouse para o tráfico entre Bergen e Osterfjord. Na Segunda Guerra Mundial serviu na Mariña Real Norueguesa, estacionado en Lerøyosen participou no Hardangerfjorden na loita contra Alemaña, cando Noruega capitulou os alemáns fixéronse co buque servindo como NB 05 Wiesel na Hafenschutz-flotille de Bergen. Devolto ás autoridades norueguesas ó rematar a guerra en moi mal estado, reparouse e quitáronlle todo o equipamento militar entrou de novo en servizo civil en 1946 aínda que foi reconstruído en 1949 aumentando a súa capacidade a 142 toneladas brutas, continuou co servizo de pasaxeiros ata 1960 cando foi vendido como cargueiro, recibiu os nomes de MS Hausen e MS Listein con diversos propietarios. O último propietario foi Orion films que co nome de Sandy Hook o utilizou na rodaxe nas Svalbard do filme de 1985 Orions Belte baseado na novela homónima de Jon Michelet