Dúlamán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Dúlamán" (Alga parda en galego), é unha canción tradicional irlandesa. Existen dúas versións da melodía que veñen da tradición folclórica irlandesa. A primeira delas foi gravada polo grupo Clannad no seu álbum Dúlamán, e a segunda melodía foi gravada polo grupo Altan no seu álbum Island Angel.

O texto da canción refírese á práctica irlandesa de recollida de algas con fins diversos, e data dos tempos da fame na Irlanda, cando as algas eran un complemento da dieta dos irlandeses. Nárrase a discusión dun "dúlamán Gaelach" (un home que recolle algas mariñas para tinguir roupa) e un "dúlamán maorach" (un home que recolle algas para comer). Este último quere casar coa filla do primeiro, e fai varios argumentos e rogos para este fin. Finalmente, remata declarando que a levará consigo sen máis.

O refrán da canción di así:

Orixinal en gaélico irlandés

Dúlamán na binne buí, dúlamán Gaelach
Dúlamán na farraige, b'fhearr a bhí in Éirinn

Tradución ó galego

Algas dos cantís amarelos, irlandés que recolle algas
Algas do océano, son o mellor de toda Irlanda

Gravacións da canción[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]