Día dos Heroes (Namibia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Día dos Heroes é un día festivo nacional en Namibia. É recoñecido pola Nacións Unidas como Día de Namibia. Celébrase anualmente o 26 de agosto,[1] o día conmemora a guerra de independencia de Namibia, que empezou o 26 de agosto de 1966 en Omugulugwombashe.

Orixe[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Omugulugwombashe.

En 1966, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas revogou o mandato de Suráfrica para gobernar o territorio do Suroeste de África e colocouno baixo a administración directa da ONU. Porén, Suráfrica negouse a recoñecer esta resolución.[2] A Organización do Pobo de África do Suroeste (SWAPO) nese momento preparouse para a resistencia armada e fundou o seu brazo armado, o Exército Popular de Liberación de Namibia (PLAN) en 1962. Moitos dos seus antigos comandantes estaban no exilio pero PLAN comezou a infiltrarse no norte de Namibia para estabelecer campos de adestramento. Omugulugwombashe foi un destes campos de adestramento, establecido en xuño de 1966 polo comandante do PLAN John Ya Otto Nankudhu. O grupo baixo Nankudhu acababa de comezar a construír estruturas defensivas[3] e planeaba adestrar alí uns 90 soldados.[4]

O 26 de agosto de 1966, oito helicópteros da Forza de Defensa de Suráfrica atacaron aos combatentes da guerrilla en Omugulugwombashe. No momento do ataque só había 17 soldados no campamento.[5] Foi a primeira batalla armada da guerra.[6] Omugulugwombashe está declarado como un dos territorios heroicos en Namibia, e é un asentamento na circunscrición electoral de Tsandi, na rexión de Omusati, no norte de Namibia.

En conmemoración do día, o 26 de agosto é festivo en Namibia. Está recoñecido polas Nacións Unidas como o "Día de Namibia"[7] mais en Namibia refírense a el como Día dos Heroes.

Selos postais[editar | editar a fonte]

O 26 de agosto de 1975, a India[8] e Turquía[9] emitiron selos co título "Día de Namibia".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Heroes' Day". Time and Date. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  2. "Namibian War of Independence 1966–1988". Armed Conflict Events Database. Consultado o 30 de novembro de 2009. 
  3. 1923 in Namibia KlausDierks.com
  4. "John Ya Otto Nankudhu passes on". New Era (NAMPA). 22 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. 
  5. Sasman, Catherine (27 de agosto de 2010). "Julius Shaambeni Shilongo Mnyika: the guerilla fighter (1938 to 2003)". New Era. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2012. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  6. Petronella Sibeene (17 de abril de 2009). "Swapo Party Turns 49". New Era. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. 
  7. United Nations Conferences and Observances Arquivado 14 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  8. "India - Postage stamps - 1975 - Namibia Day". www.stampworld.com. Consultado o 2023-05-10. 
  9. "Turkey - Postage stamps - 1975 - Namibia Day". www.stampworld.com. Consultado o 2023-05-10.