Día de Portugal
O Dia de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas é unha festa nacional portuguesa, na que se celebra o cabodano da morte de Luís Vaz de Camões, finado o 10 de xuño de 1580.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a ditadura do Estado Novo (1933-1974) celebrábase este día o "Día da Raça", nacionalizando o festexo do cabodano de Camões, que nos seus comezos, polo 1880, só se celebraba en Lisboa por idea, en tempos de monarquía, dos republicanos.[1].
Despois, na secuencia dos traballos lexislativos da Proclamación da República Portuguesa do 5 de outubro de 1910, foi publicado un decreto o 12 de outubro estipulando os festivos nacionais. Algúns elimináranse, particularmente os relixiosos[1].
Nese decreto ficarían consignados os festivos do 1 de xaneiro (Día da Fraternidade Universal), 31 de xaneiro (que evocaba a revolución fallada do Porto), 5 de outubro (Día dos heroes da República), 1 de decembro (Día da Autonomía pola Restauración da Independencia e Día da Bandeira) e 25 de decembro (Día da Familia)[1].
O decreto de 12 de xuño dáballe tamén a posibilidade aos municipios de escolleren un día do ano que representase as súas festas tradicionais e municipais. Lisboa escolleu como festivo municipal o 10 de xuño, na honra de Camões, o escritor d' Os Lusíadas.[1]
Durante o Estado Novo, o 10 de xuño continuou sendo o Dia de Camões, mais nun sentido máis nacionalista e de conmemoración colectiva histórica e propagandística[1].
Até o 25 de abril de 1974, o 10 de xuño era coñecido como o Dia de Camões, de Portugal e da Raça, este último epíteto criado por Salazar na inauguración do Estadio Nacional do Jamor en 1944 na memoria das vítimas da Guerra Colonial Portuguesa. A partir de 1963, o 10 de xuño tornouse nunha homenaxe ás Forzas Armadas Portuguesas, nunha exaltación da guerra e do poder colonial[1]. O Terceira República converteuno no Dia de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas en 1978.