Saltar ao contido

Día da Galiza Mártir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Día da Galiza Mártir
Monumento preto do lugar onde foi executado Alexandre Bóveda
Tipoconmemoración anual Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónA Caeira Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°26′16″N 8°39′24″O / 42.43786, -8.65672
Data
Día periódico17 de agosto Editar o valor en Wikidata
Características
ConmemoraAlexandre Bóveda Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto. A data escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais.[1]

A celebración do Día da Galiza Mártir partiu da Irmandade Galega de Bos Aires, presidida por Castelao,[2] en agosto de 1942.[3] Escolleuse a Alexandre Bóveda para representar todas as persoas represaliadas e as que sufriron a represión franquista.[2]

Celebración

[editar | editar a fonte]

Os actos centrais do día teñen lugar na Caeira, fronte ao monumento ergueito no lugar en que Bóveda foi fusilado.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]