César Souto Vilanova
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Noia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua galega |
César Souto Vilanova, nado en Noia en 1975, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista da Televisión de Galicia dende 1998. Colaborou en Dorna. Os seus poemas figuran en A Different Eden / Un Edén diferente (Dedalus Press, 2021), antoloxía de ecopoesía de Irlanda e Galicia. Codirixiu as longametraxes documentais Os días afogados (2015) e Interregno (2020).
Obras
[editar | editar a fonte]- Sucesos, 2004. Colección Tambo.
- Campo aberto, 2018. Galaxia.
- A herdade, 2021. Galaxia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Editorial Galaxia Arquivado 19 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.
- Ficha en filmin
- Ficha en DOCMA