Custe o Que Custar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Custe o Que Custar
CQC (logo 2)-2.png
Formato Programa de humor
Duración 120 minutos
Presentado por Marcelo Tas
Rafinha Bastos
Marco Luque
Cadea Rede Bandeirantes
Día da estrea 17 de marzo de 2008
Nº de temporadas 4
Páxina web oficial

Custe o Que Custar (máis coñecido polas súas siglas, CQC) é un programa de televisión humorístico brasileiro, de frecuencia semanal, producido por Eyeworks e exhibido pola Rede Bandeirantes desde o 17 de marzo de 2008. O presentador, Marcelo Tas, comparte esa tarefa con Marco Luque e Rafinha Bastos. As reportaxes están a cargo de Rafael Cortez, Danilo Gentili, Felipe Andreoli, Oscar Fillo, Monica Iozzi - esta última, elixida no programa do 28 de setembro de 2009 no concurso para a elección do oitavo integrante -, Mauricio Meirelles - que entrou no programa en novembro de 2011[1] e o xornalista João Pedro Carballo - que será fixo no equipo do programa a partir de 2012.[2]

O programa trata os acontecementos políticos, artísticos e deportivos da semana con un toque satírico e humorístico, facendo chanzas coa información, editándoa con efectos gráficos e sonoros[3].

O formato é orixinal da Arxentina co nome Caiga Quien Caiga que se emite dende 1995 no país pola cadea Telefe.

Membros[editar | editar a fonte]

Reparto actual[editar | editar a fonte]

Ano Membro Información
2008 - actual Marcelo Tas[4] Presentador
Marco Luque[4] Presentador
Rafinha Bastos[4] Presentador e, eventualmente, reporteiro do programa
Rafael Cortez[4] Reporteiro e presentador da sección CQTeste.
Oscar Filho[4] Reporteiro e presentador da sección Proteo Xa.
Felipe Andreoli Reporteiro
2009 - actual Mónica Iozzi[5] Reporteiro
2011 - actual Mauricio Meirelles[1] Reporteiro
2011 - actual João Pedro Carvalho[2] Reporteiro

Ex-membros[editar | editar a fonte]

Ano Membros Información
2008 Warley Santana[6][7] Reporteiro da sección Asesor de Imaxe.
2008 - 2011 Danilo Gentili[4] Reporteiro[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mariana Zylberkan (31 de outubro de 2011). «Ex-'Legendários' Maurício Meirelles assina contrato com o 'CQC'». Veja (en portugués). Consultado o 6 de novembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 «Novo integrante do "CQC" estreia na próxima semana». Folha.com (en portugués). 17 de novembro do 2011. Consultado o 17 de novembro do 2011. 
  3. Redacción PortalIMPRENSA (17 de marzo de 2008). «Com Marcelo Tas e Rafinha Bastos, "CQC" estréia nesta segunda-feira na Band». Portal IMPRENSA (en portugués). Consultado o 26 de novembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Assessoria de Imprensa/Band (12 de marzo de 2008). «Custe o Que Custar estréia dia 17, na Band. Não perca!». eBand (en portugués). Consultado o 6 de novembro de 2011. 
  5. Agência Estado (30 de setembro de 2009). «Mônica Iozzi é a nova integrante do 'CQC', da Band». Estadão. Consultado o lingua=portugués. 
  6. Folha Online (2 de setembro de 2008). «Rede 21 exibe quadro "Em Foco" do "CQC"». Folha (en portugués). Consultado o 6 de novembro de 2011. 
  7. Érika Valois (26 de agosto de 2008). «Novo integrante do "CQC", da Band, interpreta "repórter experiente"». Portal IMPRENSA (en portugués). Consultado o 26 de novembro de 2011. 
  8. Renata Reif (4 de novembro de 2011). «Danilo Gentilli: “Vou sair do ‘CQC’”». iG (en portugués). Consultado o 5 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Custe o Que Custar

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]