Saltar ao contido

Cuspirei sobre as vosas tumbas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cuspirei sobre as vosas tumbas
 Título
    J'irai cracher sur vos vergs (fr) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
21 de novembro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Unidades vendidas
   120.000 (2023) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
OCLC468368877 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL708694W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06lw19y Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Cuspirei sobre as vosas tumbas é unha novela do polifacético autor Boris Vian, escrita orixinalmente en francés co título de J'irai cracher sur vos tombes. Foi publicada baixo o pseudónimo de Vernon Sullivan en 1946 e ilustrada posteriormente por Jean Boullet en 1947. Foi traducida ao galego por David Gippini e editada en 2007 por Faktoría K de libros.

A historia, como as demais escritas por Vian baixo o pseudónimo de Sullivan, desenvólvese no sur dos Estados Unidos, e pon en escena as dificultades dos afroamericanos na súa vida cotiá no trato cos brancos. Neste caso, Lee Anderson, un home negro pero de pel branca, deixa a súa vila natal trala morte do seu irmán, linchado e colgado por namorarse dunha muller branca. Cando chega a outra vila, Lee faise dependente nunha tenda de libros e entra a formar parte da cuadrilla local de mozos sedentos de alcohol e sexo. O seu desexo secreto, porén, é vingar a morte do seu irmán.

En canto ó seu estilo, esta obra é a máis violenta das escritas por Boris Vian, a máis crúa e a máis representativa da serie de "Sullivan", na que Vian se propuxo denunciar o racismo e as condicións precarias dos negros nos estados sureños dos Estados Unidos. Pouco despois da súa aparición, en 1949, o libro foi prohibido por consideralo pornográfico e inmoral, e o seu autor foi condenado por aldraxe ós mortos. Tamén se publicou unha versión "edulcorada" do libro.