Saltar ao contido

Cultura chinchorro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cultura chinchorro
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Situación patrimonial
Datas
 Data de comezo
VII milenio a. C. Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1500 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Período
Localización
 Localización
 País
Wikidata C:Commons

A cultura chinchorro de América do Sur é unha cultura arqueolóxica precerámica que durou entre o 7000 e o 1500 a. C. As persoas que formaban a cultura chinchorro eran pescadores sedentarios que habitaban na rexión costeira do Pacífico do actual norte de Chile e sur de Perú. A presenza de auga doce na rexión árida da costa facilitou o asentamento humano nesta zona. Os chinchorro eran famosos pola súa detallada momificación e prácticas funerarias. A zona da cultura chinchorro comezou a recibir influencias da Meseta Andina ao redor de 4000 a. C., o que levou á adopción da agricultura. Moito máis tarde, pasou baixo a influencia do Imperio Tiwanaku.

En 2021, a cultura chinchorro foi incluída na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.[1]