Cuadrilla de Campezo-Montaña Arabesa
Campezo-Montaña Alavesa Kanpezuko-Arabako Mendialdea | |
---|---|
![]() | |
Capital | Santa Cruz de Campezo/Santikurutze Kanpezu |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Provincia | ![]() |
Concellos | 6 |
Poboacion | 3.179 hab. (2010) |
Superficie | 534,87 km² |
Densidade | 5,94 hab/km² |
A Montaña Arabesa, ou Cuadrilla de Campezo-Montaña Alavesa (en éuscaro: Kanpezuko-Arabako Mendialdea Koadrila) é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.
A comarca da Montaña Arabesa sitúase ao sueste de Áraba, cunha superficie de 534,87 km² e unha poboación de 3.179 habitantes (2010). Inclúe os municipios de Arraia-Maeztu, Bernedo, Kanpezu, Lagran, Peñacerrada e Valle de Arana, así como as terras comunais da Parzonería de Encía e da Comunidade de Laño, Pipaón e Peñacerrada. Aglutina un total de 47 localidades. É unha comarca montañosa e moi pouco poboada.
O 35,7% da poboación laboral traballa na agricultura. O 32% dedícase á actividade industrial. Os servizos, grazas a unha actividade turística en alza, experimenta un importante desenvolvemento.
Concellos[editar | editar a fonte]
Concello | Extensión (km²) |
Poboación (2010) (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
---|---|---|---|
Arraia-Maeztu | 123,11 | 708 | 5,75 |
Bernedo | 130,44 | 575 | 4,41 |
Campezo / Kanpezu | 85,02 | 1.126 | 13,24 |
Harana / Valle de Arana | 39,12 | 296 | 7,57 |
Lagrán | 45,62 | 178 | 3,9 |
Peñacerrada-Urizaharra | 57,06 | 296 | 5,19 |
Parzonería de Encía (*) | 49,37 | ||
Comunidade de Laño, Pipaón e Peñacerrada (*) | 5,13 | ||
534,87 | 3.179 | 5,94 |
(*) Non son concellos.