Saltar ao contido

Cuadrillas de Áraba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Cuadrillas de Áraba son as comarcas en que se divide a provincia ou territorio histórico de Áraba, no País Vasco. Son institucións históricas cuxa principal función é a de atender e administrar as necesidades dos seus habitantes, especialmente nas zonas rurais. En éuscaro denomínanse de diferente forma: taldeak, kuadrillak ou eskualdeak.

A división da provincia en cuadrillas remóntase ao século XVI, aínda que a actual división é de 1983 e sancionada definitivamente por unha Norma Foral de 1989.

Os electos dos diversos concellos que forman cada comarca reúnense en consellos comarcais, chamados Cuadrillas, que son órganos de participación e consulta, é dicir, como instrumentos de relación entre aquelas, as Xuntas Xerais de Áraba e a Deputación foral de Áraba, e como entes de promoción e xestión de servizos de interese común das mesmas.

Mapa das cuadrillas de Áraba.
Cuadrilla Capital
AgurainAgurain
AiaraLaudio
AñanaRivabellosa
Campezo-Montaña ArabesaSanta Cruz de Campezo
Laguardia-Rioxa ArabesaLaguardia
VitoriaVitoria
ZuiaZuia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]