Cuádratlon
Aparencia
O cuádratlon é un deporte composto por catro especialidades, fundamentalmente natación, piragüismo, ciclismo e carreira a pé, distribuídas nesta orde e con desenvolvemento ininterrompido dunha a outra.
O cuádratlon non é deporte olímpico. En Galiza, a federación que se ocupa do cuádratlon é a de tríatlon e péntatlon moderno.
Distancias
[editar | editar a fonte]Nome | Natación | Piragüismo | Ciclismo | Carreira a pé | Comentarios |
---|---|---|---|---|---|
Esprín | 750 m | 4 km | 20 km | 5 km | É a única válida para cadetes, xuvenís e sub23 |
Media distancia | 1.5 km | 8 km | 40 km | 10 km | Só é válida para iúniores, séniores e veteranos |
Longa distancia | 5 km | 20 | 100 km | 21.1 km | Só é válida para iúniores, séniores e veteranos |
Todas as distancias son iguais para homes e para mulleres. Os organizadores poden rebaixar ata un 10% os percorridos en función das características dos circuítos ou climatolóxicas.