Cruzando a escuridade
| Cruzando a escuridade | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Cruzando a escuridade (en inglés: The Crossing Guard) é un filme estadounidense de 1995 coproducido, escrito e dirixido por Sean Penn. Está protagonizado por Jack Nicholson, David Morse, Robin Wright e Anjelica Huston. Foi o derradeiro filme con banda sonora de Jack Nitzsche. Conta a historia de Freddy Gale, un home que foi atormentado durante máis de cinco anos pola morte da súa filla nun accidente automobilístico. Cando se entera de que o responsábel da súa morte vai saír do cárcere, decide buscar vinganza.
O filme estreouse o 16 de novembro de 1995, e recibiu polo xeral valoracións positivas. Malia as boas críticas, foi un fracaso comercial, recadando só 869 000 dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 9 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 19 de febreiro de 2000 na TVG.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jack Nicholson como Freddy Gale
- David Morse como John Booth
- Anjelica Huston como Mary
- Robin Wright Penn como Jojo
- Piper Laurie como Helen Booth
- Richard Bradford como Stuart Booth
- Priscilla Barnes como Verna
- David Baerwald como Peter
- Robbie Robertson como Roger
- John Savage como Bobby
- Kellita Smith como Tanya
- Kari Wuhrer como Mia
- Richard Sarafian como Sunny Ventura
- Joe Viterelli como Joe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ABC hemeroteca (ed.). "Cruzando a escuridade na TVG". Consultado o 12 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cruzando a escuridade na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)