Cruz do Avelán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°43′10″N 08°44′26″O / 42.71944, -8.74056

A Cruz de Avelán.
A Cruz de Avelán coa inscrición "1672" (tratada dixitalmente).

A Cruz do Avelán é un cruceiro situado en San Xoán de Laíño (Dodro), a un quilómetro da igrexa de san Xoán indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. Celébrase tódolos anos unha romaría, no lugar onde se encontra o cruceiro, a comezos do mes de xuño.

Características[editar | editar a fonte]

É un cruceiro de capela ou loreto datado no século XVII. Conta cunha grosa columna que descansa sobre unha escada de tres chanzos, e sobre a que se alza a capeliña coroada por unha imaxe de Xesús Cristo.

Está ben conservado a pesar da súa antigüidade; fáltalle a imaxe do interior da capela así como a tapa da caixón acoirazado ademais do retablo de ánimas, se é que algunha vez os tivo. Esta construción arquitectónica está datada no ano 1672[1], sendo o máis antigo de toda Galicia[2], non podéndose demostrar que realmente fora de ánimas auténtico, por non aparecer estas citadas explicitamente na epígrafe e non conservar o retablo de ánimas no Purgatorio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Turgalicia (31-3-2008) Cruceiro de Avelán.
  2. Silvia Figueira: Dodro, un concello para ver. Concello de Dodro.