Saltar ao contido

Cruz do Abelán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cruz de Avelán»)
Cruz do Abelán
San Xoán de Laíño Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1672 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 1282
Wikidata C:Commons

A Cruz do Abelán[1] é un cruceiro de capela situado en San Xoán de Laíño (Dodro), a un quilómetro da igrexa de san Xoán indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. Celébrase tódolos anos unha romaría, no lugar onde se encontra o cruceiro, a comezos do mes de xuño.

Características

[editar | editar a fonte]
A Cruz de Avelán coa inscrición "1672" (tratada dixitalmente).

É un cruceiro de capela ou loreto datado no século XVII. Ten unha grosa columna que descansa sobre unha escada de tres chanzos, e sobre a que se alza a capeliña coroada por unha imaxe de Xesús Cristo.

Está ben conservado a pesar da súa antigüidade; fáltalle a imaxe do interior da capela así como a tapa da caixón acoirazado ademais do retablo de ánimas, se é que algunha vez os tivo. Esta construción arquitectónica está datada no ano 1672,[2][3] non podendo demostrarse que realmente fose de ánimas auténtico, por non aparecer estas citadas explicitamente na epígrafe e non conservar o retablo de ánimas no purgatorio.

  1. ↑ "Cruz do Abelán". Galicia Nomeada. 23 de setembro de 2020.
  2. ↑ "Cruceiro de Avelán". Turismo.gal: Xunta de Galicia. Consultado o 29-07-2026.
  3. ↑ "Cruz de Avelán". PXOM de Dodro: Concello de Dodro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]