Cruceiro de Pastoriza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruceiro de Pastoriza
Presentación
LocalizaciónRianxo
DirecciónPastoriza (Taragoña)
TipoCruceiro

O cruceiro de Pastoriza é un cruceiro localizado na aldea de Pastoriza, na parroquia de Taragoña (Rianxo).

Descrición[editar | editar a fonte]

Está composto por unha plataforma cuadrangular de dous graos, sen pedestal. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns decorados con caras. A capela está ornamentada con esferas, coa base moldurada con anxo con ás, tellado a catro augas, teito plano, e coa Virxe pregando no interior. A cruz ten os brazos con chafráns, remates florenzados con botón central e está recrucetada. O Cristo está crucificado coa cabeza ergueita e as mans abertas, leva coroa de espiñas. No reverso da Cruz, Virxe coroada orando coas mans xuntas sobre peaña de anxo con ás.