Cromita
Aparencia
| Cromita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Fórmula química | Fe²⁺Cr₂O₄ |
| Clase | Óxido |
| Sistema cristalino | Cúbico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Varía entre a negra e negra parda |
| Brillo | De metálico a submetálico |
| Dureza | 5,5 - 6 (escala de Mohs) |
| Exfoliación | Non presenta |
| Fractura | Irregular |
| Raia | Parda escura |
| Densidade | 4,5 - 4,8 g/cm³ |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A cromita é un mineral do grupo IV (óxidos) segundo a clasificación de Strunz. Debe o seu nome ao elemento cromo. A súa fórmula é FeCr2O4. Ás veces contén magnesio, aluminio ou titanio (entre outros). Algúns exemplares son feblemente magnéticos.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]Emprégase en moldes para a fabricación de ladrillos e en xeral para fabricar materiais refractarios (como os ladrillos para fornos de fundición). A cromita emprégase maiormente para obter cromo ou en aliaxes, e tamén se utiliza na fabricación de vidro verde.