Crocodile Dundee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Crocodile Dundee
Ficha técnica
Título orixinalCrocodile Dundee
DirectorPeter Faiman
ProdutorJohn Cornell
GuiónJohn Cornell
Ken Shadie
IntérpretesPaul Hogan
Linda Kozlowski
MúsicaPeter Best
FotografíaRussell Boyd
MontaxeDavid Stiven
DistribuidoraParamount Pictures (USA)
20th Century Fox (Internacional)
EstreaAustralia 30 de abril de 1986
Duración104 minutos (Australia)[1]
97 minutos (internacional)[2]
OrixeAustralia Australia
XéneroComedia, aventuras
Orzamento$8 800 000[3]
Recadación$328 203 506
Filme seguinteCrocodile Dundee II

Crocodile Dundee é un filme australiano dirixido por Peter Faiman que foi estreado en 1986. Está protagonizado por Paul Hogan, que interpreta a Mick Dundee, cuxo personaxe está inspirado en Rodney Ansell. A futura muller de Hogan, Linda Kozlowski, interpreta a Sue Charlton.[4]

Inspirado na vida real de Rodney Ansell, o filme tivo un orzamento de $10 millóns coa intención de facer un filme australiano comercial que puidese ser ben acollido pola audiencia americana, pero o seu éxito foi internacional. Estreouse o 30 de abril de 1986 en Australia, e o 26 de setembro de 1986 en USA, e foi o segundo filme con maior recadación nos Estados Unidos ese ano.

Hai dúas versións do filme: a australiana e a americana/internacional. A versión americana ten un inglés máis comprensible, con vocabulario e expresións máis comúns, e é significatiamente máis curta. O filme tivo dúas secuelas: Crocodile Dundee II (1988) e Crocodile Dundee in Los Angeles (2001).

Argumento[editar | editar a fonte]

Michael Dundee é un cazador de crocodilos no salvaxe outback australiano que, pola súa orixinal filosofía da vida, é considerado como un heroe entre os seus. A súa fama chega a oídos de Sue Charlton, unha xornalista de Nova York que decide ir a Australia para visitalo e, unha vez alí, convénceo para que a acompañe na súa viaxe de volta a América.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Crocodile Dundee". Australia: Classification Board. 7 January 1986. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 19 May 2011. 
  2. "Crocodile Dundee". United Kingdom: BBFC. 24 September 1986. Consultado o 19 May 2011. 
  3. David Stratton, The Avocado Plantation: Boom and Bust in the Australian Film Industry, Pan MacMillan, 1990 p335-338
  4. Darnton, Nina (26 September 1986). "Film: 'Crocodile Dundee'". The New York Times. Consultado o 10 August 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]