Criteria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Criteria
Criteria.JPG
OrixeOmaha, Nebrasca, Flag of the United States.svg
Período2003 - presente
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Initial Records, Saddle Creek Records
MembrosSteve Pedersen
Aaron Druery
A.J. Mogis
Mike Sweeney

Criteria é unha banda de indie rock estadounidense procedente de Omaha, Nebrasca. Formouse en 2003 cando o ex-membro de Cursive Steve Pedersen regresou á súa cidade natal tras graduarse na Duke University School of Law. Steve pasou seis meses no sotano dun amigo onde compuxo os dez temas do álbum de estrea do seu novo proxecto. Para completar o grupo recrutou a algúns vellos amigos: A.J. Mogis (de Presto! Recording Studios e Lullaby for the Working Class) no baixo, Aaron Druery na guitarra, e Mike Sweeney (de Beep Beep) na batería. O seu primeiro disco, En Garde, foi publicado en 2003 a través de Initial Records, selo da súa anterior banda.

Steve Pedersen conseguíu un traballo como avogado, o que complicou á banda sair de xira para promocionar o seu disco. Initial Records entrou en bancarrota uns cinco anos despois e deixou a Criteria sen selo. Saddle Creek Records aceptounos e realizou tres edicións da banda en 2005: unha reedición de En Garde, o seu novo sinxelo "Prevent the World", e o seu segundo traballo When We Break. Despois de ser contratados por Saddle Creek, Pedersen deixou o seu traballo para dedicarse a tempo completo á música.

Tras dous anos de intensa xira despois de editar When We Break, os membros da banda foron facendo as súas vidas fóra da música. Durante 2007 e 2008 Criteria estivo case desaparecida e posteriorente continuou tocando esporadicamente. A partir de 2013 a actividade da banda fíxose máis intensa e comezarían a escribir o que será o seu terceiro traballo, aínda non editado.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
En Garde 2003 Initial Records
When We Break 2005 Saddle Creek Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Omaha World Herald (ed.). "Criteria delivers rock without the pressure". Consultado o 16 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]