Cristina Pichel
(Redirección desde «Cristina Pichel Toimil»)
Cristina Pichel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de abril de 1989 |
Lugar de nacemento | Ribela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cristina Pichel Toimil, nada en Ribela (Barcia, Lalín) o 12 de abril[Cómpre referencia] de 1989,[1] é unha xornalista e política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactora de Faro de Vigo e ABC. Despois traballou no gabinete de comunicación do conselleiro de Cultura e Turismo Román Rodríguez. En decembro de 2018 foi nomeada[2] directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para substituír a Cecilia Vázquez Suárez.[3]